InicioCULTURABueu e a cultura mariñeira volverán a Culturgal

Bueu e a cultura mariñeira volverán a Culturgal

Publicado o

O Concello de Bueu volverá estar presente un ano máis na Feira de Industrias Culturais Culturgal, que se celebrará esta fin de semana en Pontevedra. Será a través da presentación do proxecto “Un mar de cultura”, no que se dará a coñecer os programas municipais nos que o mar se converte nun elemento vertebrador.

O edil de Cultura, Xosé Leal, será o encargado de dar a coñecer as políticas culturais este domingo no posto da Deputación de Pontevedra a partir das 12.15 horas. Alí se explicarán algunhas das iniciativas levadas a cabo como a Semana da Cultura Mariñeira, o Espazo Convida ou o apoio ás embarcacións tradicionais. O segundo bloque terá que ver coa cultura do coñecemento a través da musealización do Estaleiro de Purro, o Museo Massó e as xornadas “O mar por diante”.

O edil de Cultura, Xosé Leal, na anterior edición de Culturgal. Imaxe: Concello.

Outro dos eixos será para a creación artística da man dos Premios Johan Carballeira e do Certame Otero Baena de Pintura para Artistas Noveis. Non faltará tampouco a vinculación coas redes sociais con concursos no TikTok e o impulso do Instagram municipal. Todos estes elementos comparten a aposta pola lingua galega, a perspectiva de xénero e o acceso de públicos diversos.

Presentación na edición anterior do Culturgal. Imaxe: Concello.

O obxectivo é presentalos ao público asistente pero tamén ás profesionais do sector para tecer redes de cara á planificación das estratexias culturais nas vilas. “É importante contar con este espazo para a difusión das políticas culturais dos concellos”, sinala Xosé Leal.

Ademais, a Deputación de Pontevedra difundirá durante os tres días da feira un vídeo sobre os concellos da provincia e no que Bueu estará presente co audiovisual “O Ronsel do Mar”.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...