Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia. Foi a través da elaboración dunha alfombra floral na Igrexa de San Martiño polo Colectivo Independiente Alfombristas de Bueu. Mais este ano o CEIP Montemogos e a ANPA Cabo Udra tamén se sumaron á proposta coa elaboración dun segundo tapiz no centro educativo.
A vila participou de xeito simultáneo nesta iniciativa xunto a máis de 70 localidades doutros países como Polonia, Hungría, Portugal, México, Costa Rica e India. Cun deseño compartido, a organización quixo “volver a recordar que é a paz e canto a necesita o mundo”.