InicioPATRIMONIOElvira", unha das derradeiras dornas de Ons, xa está de volta na...

Elvira”, unha das derradeiras dornas de Ons, xa está de volta na illa

Publicado o

Cando o antropólogo sueco Staffan Mörling chegou a Bueu, namorou das súas embarcacións tradicionais. Tal foi a súa paixón, que dedicou moito do seu tempo ao seu estudo, concretamente en Ons. Pero Mörling non foi o único. As embarcacións tradicionais lembran a historia bueuesa e a importancia do mar como medio de vida.

Agora, unha das derradeiras dornas polbeiras de Ons, “Elvira”, acaba de regresar á illa trala súa restauración pola Asociación Os Galos e baixo unha subvención do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Foi esta mesma entidade a que informou onte da chegada de “Elvira” a súa terra natal.

Desde o Parque Nacional trasladan que o destino definitivo da dorna é o Centro de Visitantes de Ons, onde poderá ser contemplada por todos aqueles que queiran aproximarse á cultura mariñeira. A entidade quixo lembrar tamén a Víctor Domínguez, que foi presidente do colectivo Os Galos e faleceu o pasado decembro. “Gran coñecedor da illa e das embarcacións tradicionais, sen dúbida unha gran perda para a cultura marítima”, sinalaron.

A rehabilitación desta dorna estivo nas mans da Asociación Os Galos, no seu taller de Pescadoira. Desde o Parque Nacional explicaron que foi unha restauración complexa pola deterioración desta dorna polbeira de 4,10 metros de eslora e que foi doada pola familia Goberna.

“Elvira” é unha das derradeiras embarcacións deste tipo, pero non a última. “Aínda queda algunha na vivenda dalgún veciño e outra que sigue operativa no mar grazas o tesón dun dos derradeiros habitantes de Ons”, explicaban en outubro. Sen dúbida, a restauración de “Elvira” servirá para lembrar, día a día, o protagonismo do mar e a súa cultura en Ons e en toda a vila.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...