InicioCULTURAO Concello convoca os Premios Johan Carballeira de Poesía e Xornalismo

O Concello convoca os Premios Johan Carballeira de Poesía e Xornalismo

Publicado o

O Concello de Bueu vén de convocar unha nova edición dos Premios Johan Carballeira de Poesía e Xornalismo, cuxo prazo para a presentación de traballos estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2023. Os galardóns contarán cunha dotación económica de 1.500 euros para ambas categorías e no caso do de poesía tamén se inclúe a publicación por parte da Editorial Xerais.

O certame celebra a vixésimo sexta edición na categoría de poesía e a vixésima no caso de xornalismo. As persoas que desexen participar poderán facelo mediante o envío do traballo en papel ou en formato dixital, tal e como establecen as bases publicadas na web do Concello.

Antía Yáñez e Miguel Sande na entrega de premios da última edición.

Na derradeira convocatoria o gañador da categoría de poesía foi Miguel Sande con “Brinde e desespero”. No caso de xornalismo, o premio foi para Antía Yáñez pola crónica “A saúde mental en Galicia, en bragas”, publicada na revista Luzes.

Estes premios naceron como unha homenaxe ao político, poeta e xornalista bueués José Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johan Carballeira. Ao longo da súa historia xa se ten galardoado a persoas como Francisco Seoane, Arturo Sánchez Cidrás, Antón Lopo, María Obelleiro ou Yolanda Castaño, Berta Dávila ou Ismael Ramos.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...