InicioPOLÍTICAA vía provincial de Meiro converterase nunha estrada con senda peonil

A vía provincial de Meiro converterase nunha estrada con senda peonil

Publicado o

O alcalde explicará o proxecto hoxe nun encontro coa veciñanza na Casa da Aldea de Meiro ás 19.00 horas

A seguridade viaria e a accesibilidade serán dous dos eixes do proxecto de mellora da estrada EP-1306, que conecta A Portela con Ermelo, tal e como explican desde o goberno local. Precisamente, o alcalde, Félix Juncal, manterá hoxe un encontro coa veciñanza para explicar os avances na tramitación desta actuación, para a que se solicitou a transferencia da vía.

Desde o goberno local cualifican esta actuación como “prioritaria” e apuntan a que a idea é construír unha plataforma única para peóns e vehículos con pavimentos diferenciados no primeiro tramo da estrada, onde se concentra o maior núcleo poblacional.

Proxecto para a mellora da seguridade viaria na estrada. Imaxe: Concello.

Con esta actuación acometeríase o arranxo da estrada, á que se engadiría unha senda peonil de 2.5 metros de largura para reducir a velocidade nunha franxa de 1.2 quilómetros, desde a intersección da vía de Meiro coa PO-551 ata as inmediacións da Casa da Aldea. Tamén se apostará polo emprego de materiais tecnicamente máis amables e respectuosos co medio ambiente.

ÚLTIMAS

Beluso acolle a segunda edición do Trail do Nocedo con récord de participación

O pavillón de Beluso acolleu esta mañá a presentación da segunda edición do Trail...

Denuncian o recheo de cemento de 80 metros cadrados da praia da Banda do Río nas obras de Portos

A asociación ecoloxista de Bueu Anduxía vén de expresar o seu "malestar e sorpresa"...

Continúan as reivindicacións pola falta de pediatras e o Sergas anuncia a colaboración “voluntaria” de seis especialistas

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés informou de que reorganizaron a cobertura das...

O PP cuestiona que o goberno “escurra o vulto e non arranxe” os problemas do pavillón de Bueu

"Unha mostra máis da decadencia e da falta de interese do BNG e de...