InicioPOLÍTICAO PP valora o 2022 como "un ano que puido ser e...

O PP valora o 2022 como “un ano que puido ser e non foi”

Publicado o

O Partido Popular de Bueu, ao igual que en ocasións anteriores, vén de realizar unha valoración sobre o ano que remata. Fíxoo a través da súa voceira e candidata á alcaldía nas eleccións de 2023, Elena Estévez. “O 2022 foi un ano máis que pasou de forma decepcionante, por parte do goberno local vimos moita maquillaxe e poucos feitos”, sinalou, á vez que cualificou o período como “insubstancial” e “no que BNG e ACB se instalaron no non permanente e na deixadez das parroquias e do centro da vila”.

A popular referiuse no seu balance á falta de avances no proxecto da Banda do Río. “O goberno activa cando lle interesa electoralmente e logo queda morto durante anos”, apuntou para facer mención ao concurso de ideas. “Vivimos ante un goberno que descoida a vila na súa totalidade, non avanza na Banda do Río nin en ningún espazo do centro mentres dilapida centos de miles de euros en proxecto sen estudos pormenorizados como o aparcadoiro de autocaravanas que está inutilizado e sen servizos mínimos“, explicou.

A voceira e candidata á alcaldía do PP, Elena Estévez, nunha imaxe de arquivo.

Estévez considera que as parroquias “viven o seu peor momento dos últimos 25 anos, sen avances significativos” e cuestionou que “as poucas obras que se fixeron en Bueu a iniciativa do Concello sexan un desastre”, exemplificando de novo no aparcadoiro de autocaravanas.

Outras das cuestións nas que se centra é nas políticas municipais en materia de emprego. “Cada vez que pedimos que se fixese un obradoiro de emprego financiado pola Xunta, como en concellos veciños, Juncal decidiu instalarse no non ao PP e no non a Bueu”, destacou. “A cinco meses das eleccións municipais anuncia que os postos dos fondos provinciais chegarán para 2023”, resalta a voceira, que tamén pon o foco na presentación de borradores de proxectos como o do pavillón de Beluso ou o paseo de Agrelo. “Levan no caixón anos, para os que non teñen nin un só euro e que, como o paseo, xa o venderon hai anos sen mover unha soa pedra”.

O grupo municipal do PP nunha sesión plenaria.

Sobre as propostas presentadas polo PP a pleno, Estévez explica que “nada se sabe”. “Seguimos sen que se faga un acceso ao campo de fútbol da Graña, sen que se coloque o Canón de Pau, sen tótems tecnolóxicos, sen limpeza nos tellados…”, afirmou e cualificou de “populista” e “irresponsable” a actitude de BNG e ACB ante a casa de Matilde Bares.

Por último, a popular critica a actitude do goberno local con Deputación e Xunta de Galicia. “Juncal debería terse comportado como alcalde de Bueu e non como alcalde duns poucos. Nunha das épocas nas que a Xunta máis inviste en Bueu intenta asentarse na confrontación, antepoñendo o BNG a Bueu”, conclúe.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...