InicioSOCIEDADEO Concello instalará 47 puntos de luz na senda entre Trasouto e...

O Concello instalará 47 puntos de luz na senda entre Trasouto e A Portela

Publicado o

O prazo de licitación xa está aberto e as obras contan cun orzamento de 78.638 euros

O Concello de Bueu instalará iluminación na senda peonil de Trasouto e A Portela e vén de abrir o prazo de licitación para que as empresas poidan presentar as súas ofertas económicas antes do 22 de febreiro. O proxecto será financiado coas axudas do Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra e terá un orzamento de 78.638 euros.

Senda entre A Portela e Trasouto. Imaxe: Concello.

A actuación contempla a instalación de 47 puntos de luz na senda peonil, que foi realizada pola Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia hai un ano. Precisamente, durante as obras xa se deixou feita unha preinstalación de canalizacións do cableado e as bases de formigón, a petición do Concello. Así, as obras serán máis sinxelas nun tramo de máis dun quilómetro.

A previsión do goberno local é que a instalación poida estar finalizada ao longo da primavera. O alcalde, Félix Juncal, destaca que se persegue un dobre obxectivo. “Tanto ampliar a iluminación nesa zona utilizada cada vez máis por persoas que camiñan como mellorar a seguridade vial“, explica.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...