InicioMEDIO AMBIENTEPersoal ténico visitará os 276 composteiros individuais da vila

Persoal ténico visitará os 276 composteiros individuais da vila

Publicado o

Bueu conta con 276 persoas que dispoñen de composteiros individuais, entregados pola Deputación, e que agora recibirán a visita de técnicos e técnicas de compostaxe do Plan Revitaliza. Será nas vindeiras semanas para verificar que se leva a cabo un tratamento correcto dos residuos orgánicos.

Desde a Mancomunidade de Concellos do Morrazo explican que estes seguimentos aseguran a boa implantación do Programa de Compostaxe Doméstica, ao que cada vez se suman máis veciños e veciñas. As visitas tamén perseguen resolver as dúbidas das persoas usuarias e solucionar posibles incidencias.

Imaxe dun dos composteiros individuais.

A empresa encargada de facer os seguimentos chamará previamente para concretar unha data e hora para realizar a visita. Posteriormente, realizarán unha segunda para a verificación. Toda a información recollida nos seguimentos é necesaria para ter un control do programa de compostaxe doméstica.

En Bueu, ademais de contar con catro centros comunitarios de compostaxe, as persoas interesadas tamén poden obter composteiros individuais de balde no enderezo compostaxe@concellodebueu.gal.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...