InicioPOLÍTICAO Concello presenta o proxecto de urbanización da contorna da Casa da...

O Concello presenta o proxecto de urbanización da contorna da Casa da Música

Publicado o

A reunión coa veciñanza será este martes ás 20 horas na Casa da Música Manuel Omil

O Concello presenta hoxe o proxecto de urbanización da contorna da Casa da Música e que consiste na humanización da Praza do Enleito e da contorna inmediata da instalación municipal. A actuación será presentada ás 20.00 horas á cidadanía e colectivos da zona nun encontro na Casa da Música.

A superficie de actuación supera os mil metros cadrados e, tal e como consta no proxecto técnico, será necesario levantar a pavimentación polo que se aproveitará a ocasión para renovar e modificar as redes de iluminación e de saneamento de pluviais.

Contorna da Casa da Música, onde se desenvolverá o proxecto de urbanización. Imaxe: Concello.

Unha das novidades desta actuación é que o acceso rodado será nun único sentido de circulación, habilitando zonas de aparcadoiro. Ademais, a sección do espazo será unha plataforma única para fomentar a mobilidade e accesibilidade da veciñanza e das persoas usuarias da Casa da Música.

Tal e como explican desde o goberno local, os novos muros de contención permitirán ampliar a superficie destinada á praza, un espazo público no que se porán en valor elementos catalogados como a fonte e o cruceiro. O orzamento da actuación ascende a case 238.000 euros e o proxecto será incluído nas subvencións do Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...