InicioSOCIEDADEO Concello presenta o proxecto de reurbanización do centro de Beluso

O Concello presenta o proxecto de reurbanización do centro de Beluso

Publicado o

O alcalde, Félix Juncal, manterá hoxe unha reunión coa veciñanza ás 19 horas na Casa do Pobo

O Concello de Bueu presentará hoxe o proxecto de reurbanización do centro de Beluso, unha proposta na que leva meses traballando e que se incluirá nas subvencións da Rede Ágora. Os detalles da actuación poden coñecerse hoxe na reunión prevista para as sete da tarde na Casa do Pobo e aberta á veciñanza e colectivos da parroquia.

Este encontro prodúcese despois da sinatura do convenio urbanístico coa familia Davila, a través do cal o Concello xa dispón da parcela que se emprega como aparcadoiro público e sobre a que se pivotará parte da renovación de Beluso.

Imaxe do proxecto que se presenta hoxe á veciñanza. Fonte: Concello.

Tal e como indican desde o Concello, o proxecto aposta pola mobilidade amable e por ordenar o acceso ás dotacións comunitarias e zonas verdes. Preténdese crear unha gran praza pública na zona do aparcadoiro e tamén está prevista a apertura dun novo vial de conexión entre as estradas EP-1301 e PO-315, para o que xa se solicitou á Deputación a transferencia da titularidade da estrada provincial.

“Estamos nunha etapa moi ilusionante, asentando as bases deste lugar, no que se reordenarán os espazos e se potenciará a actividade comercial, ademais de consolidar o casco Urbano e revalorizar as relacións humanas”, afirman o alcalde, Félix Juncal e o edil de Urbanismo, Martín Villanueva.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...