InicioPOLÍTICAO PP denuncia "a falta de rigor do goberno local" en relación...

O PP denuncia “a falta de rigor do goberno local” en relación ao camiño de Coumiñán

Publicado o

Dous anos despois de que se levara a pleno un expediente de investigación sobre o camiño de Coumiñán, en Montemogos, a voceira do PP, Elena Estévez, denuncia que segue sen resolverse e atribúeo á “deixadez evidente dun goberno local que intenta quedar ben con todos”.

Desde o grupo do PP advirten das consecuencias deste feito. “A obra seguiu adiante porque o goberno dixo que a licenza estaba ben dada, pero non se concluíu o expediente”, afirman. Elena Estévez cualifica este procedemento como “contraditorio“. “Se o camiño é privado e a obra está ben feita, hai que pechar dunha vez o expediente, e se o camiño é público, hai que arranxar a desfeita”, explica.

O grupo municipal do PP nunha sesión plenaria.

A investigación viña motivada pola ocupación de parte do camiño para a construción dunha vivenda unifamiliar. “Hai uns días coñeciamos que o Concello viña de darlle a licenza de primeira ocupación á vivenda, cando hai case un ano indicaron que ían declarar o camiño como público”, sinala a voceira do PP, que tamén se pregunta “como se pode asegurar pola documentación que o camiño é público e despois dar a licenza?”.

A voceira alerta das consecuencias que pode traer a concesión da licenza. “No caso de que o propietario reclame ante o xulgado, quen terá que asumir as consecuencias económicas e xurídicas vai ser o Concello, e non existirían se o goberno fixese ben o seu traballo”, conclúe.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...