InicioSOCIEDADEA Xunta recibe sete ofertas para executar a obra das beirarrúas na...

A Xunta recibe sete ofertas para executar a obra das beirarrúas na Achadiza

Publicado o

Destinará 340.000 euros ao desenvolvemento desta intervención

A Xunta recibiu un total de sete ofertas de empresas para executar as obras de mellora da mobilidade na estrada autonómica PO-315, coa construción dunha beirarrúa nun treito de 600 metros entre Achadiza e Cabalo. A actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade foi licitada por un importe de 327.6177 euros e os traballos, previstos o 2023, terán un prazo de execución de seis meses.

Unha visita anterior á zona onde terá lugar o proxecto de construción dunha beirarrúa.

En total, a Xunta destinará 340.000 euros, incluíndo o pagamentos dos oito predios necesarios. A intervención céntrase na construción dunha beirarrúa de formigón de 600 metros de lonxitude na marxe esquerda da PO-315. Tamén se inclúe a ampliación da plataforma da estrada e a instalación de paradas de autobús con marquesiñas a ambos laterais da vía.

Os traballos, financiados cos fondos europeos REACT-EU, abarcan tamén a mellora da drenaxe a e modernización dos servizos, así como a renovación da capa de rodaxe naquelas zonas necesarias. Tamén se prevé a establización dun noiro que conta cunha pendente moi vertical, a través dunha escavación.

ÚLTIMAS

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

"Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda...

A transformación do antigo cemiterio cinco décadas despois

O antigo cemiterio de Bueu, na contorna da Igrexa de San Martiño e clausurado...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a...