Destinará 340.000 euros ao desenvolvemento desta intervención
A Xunta recibiu un total de sete ofertas de empresas para executar as obras de mellora da mobilidade na estrada autonómica PO-315, coa construción dunha beirarrúa nun treito de 600 metros entre Achadiza e Cabalo. A actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade foi licitada por un importe de 327.6177 euros e os traballos, previstos o 2023, terán un prazo de execución de seis meses.
En total, a Xunta destinará 340.000 euros, incluíndo o pagamentos dos oito predios necesarios. A intervención céntrase na construción dunha beirarrúa de formigón de 600 metros de lonxitude na marxe esquerda da PO-315. Tamén se inclúe a ampliación da plataforma da estrada e a instalación de paradas de autobús con marquesiñas a ambos laterais da vía.
Os traballos, financiados cos fondos europeos REACT-EU, abarcan tamén a mellora da drenaxe a e modernización dos servizos, así como a renovación da capa de rodaxe naquelas zonas necesarias. Tamén se prevé a establización dun noiro que conta cunha pendente moi vertical, a través dunha escavación.