InicioCULTURAO pleno aproba a actualización do proxecto da biblioteca Torrente Ballester

O pleno aproba a actualización do proxecto da biblioteca Torrente Ballester

Publicado o

O pleno aprobou esta mañá a proposta da modificación do proxecto de ampliación da Biblioteca Municipal Torrente Ballester cos votos a favor de BNG e ACB, a abstención do PP e en contra do PSOE. Trátase dunha actualización e revisión do documento por parte do equipo técnico redactor, despois de que a empresa adxudicataria renunciase á execución da obra polo incremento dos custes dos materiais de produción. Xa en novembro, o pleno acordou resolver por mutuo acordo ese contrato administrativo.

A actualización do proxecto fai ascender o seu custo a un total de 1.108.321,90 euros, un incremento de case 192.000 euros. Agora, a nova documentación será enviada á Deputación de Pontevedra para que poida valorala e dar o visto e prace, xa que esta obra está financiada cos fondos do Plan Reacpon e do Plan Concellos 2022. Ademais, tal e como explicou esta mañá o alcalde, Félix Juncal, o Concello comprométese a financiar o incremento do proxecto con fondos propios ou axudas doutros organismos públicos. Este segundo punto tivo que aprobarse nunha segunda sesión extraordinaria celebrada a continuación, tal e como advertiu o secretario.

Un momento da sesión plenaria desta mañá. Imaxe: Concello.

Durante a sesión, a voceira do PP, Elena Estévez, aludiu a que esta se convocase con poucos días e sen aviso previo aos concelleiros e concelleiras. Tamén preguntou pola posibilidade de que “se puidese incrementar de xeito proporcional a parte achegada entre as dúas administracións”.

O voceiro do PSOE, José Vilas, apuntou a que “necesitariamos contar cun informe da arquitecta municipal, onde se indique as modificacións”. Juncal indicou que ao longo do expediente de contratación xa se farán os informes pertinentes por parte dos técnicos municipais.

Este proxecto pretende adaptar a Biblioteca Municipal Torrente Ballester ao século XXI nos seus usos e servizos, resolvendo tamén problemáticas a nivel estrutural do edificio e cunha especial atención á mellora da accesibilidade e seguridade e á eficiencia enerxética.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...