InicioCULTURAMagosto, concurso de cabazas e música tradicional para celebrar o Samaín en...

Magosto, concurso de cabazas e música tradicional para celebrar o Samaín en Cela

Publicado o

Ante a chegada do Samaín, comezan a anunciarse os eventos que a vila acollerá para celebrar esta festividade. Na parroquia de Cela, a Asoaciación Cultural Costumes de Cela organiza este domingo, da man do Concello de Bueu, unha Festa de Samaín no adro de Cela a partir das 16.30 horas e na que confluirán diversas actividades.

Programación da Festa de Samaín.

A tarde comezará cunha exposición e concurso de cabazas terrroríficas e coa animación, xogos e obradoiros de “Animación Mimos“. Ademais, tamén haberá castañas de balde xa que se organiza un magosto popular. Tampouco faltarán as bebidas e chocolate quente a prezos populares.

O grupo local Os Palleta Mollada, que actuará ás 18.30 horas.

O grupo local Os Palleta Mollada poñerá o broche final á xornada cunha actuación musical ás 18.30 horas. Os bueueses interpretarán diversos temas tradicionais, algúns populares e outros de composición propia. Desde Costumes de Cela lembran tamén que se poderá asistir disfrazado.

ÚLTIMAS

Beluso acolle a segunda edición do Trail do Nocedo con récord de participación

O pavillón de Beluso acolleu esta mañá a presentación da segunda edición do Trail...

Denuncian o recheo de cemento de 80 metros cadrados da praia da Banda do Río nas obras de Portos

A asociación ecoloxista de Bueu Anduxía vén de expresar o seu "malestar e sorpresa"...

Continúan as reivindicacións pola falta de pediatras e o Sergas anuncia a colaboración “voluntaria” de seis especialistas

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés informou de que reorganizaron a cobertura das...

O PP cuestiona que o goberno “escurra o vulto e non arranxe” os problemas do pavillón de Bueu

"Unha mostra máis da decadencia e da falta de interese do BNG e de...