InicioSOCIEDADEUnha rexeneración que fala do pasado do "cerne" do Morrazo 10 FEBREIRO

Unha rexeneración que fala do pasado do “cerne” do Morrazo 10 FEBREIRO

Publicado o

A historia do lugar de Ermelo, en Bueu, propiciou a súa consideración como o “cerne” do Morrazo. Esta contorna, que chegou a albergar un antigo mosteiro no século X, vén de ser rexenerada cunha serie de obras divididas en dúas fases. Os deputados provincias, Santos Héctor e Raquel Giráldez, visitaron esta mañá a zona, acompañados polo alcalde da vila, Félix Juncal, e o concelleiro de Urbanismo, Martín Villanueva. Os representantes públicos percorreron os diferentes camiños nos que se actuou.

As obras

As melloras realizadas dividíronse en dúas fases, tal e como informa o Concello. A primeira delas foi realizada no 2017 e supuxo o acondicionamento da praza pública, substituíndo o pavimento de asfalto por outro de mestura entre adoquín e enlousado de granito, así como soterrando os tendidos eléctricos. Tamén se instalaron unha serie de elementos como bancos.

A segunda intervención realizouse hai escasos meses e consistiu na pavimentación con granito da zona baixa da aldea, coñecida como o Camiño da Fonte, así como na zona alta, desde a igrexa ata o cruce de acceso á Esculca. Estas obras tiñan como obxectivo manter a esencia do pasado, reutilizándose lousas que apareceran no antigo camiño.

Ambas fases sumaron un investimento de aproximadamente máis de 200.000 euros, financiados a través de dous programas do Plan Concellos da Deputación. Esta entidade afirma que se trata dun proxecto que contribúe á recuperación do espazo público das persoas, fronte ao emprego do vehículo.

Para o goberno local, trátase dun dos proxectos “máis ilusionantes dos últimos anos”, para valorizar un espazo histórico. O alcalde apunta que tamén se renovaron servizos como o alumeado, o saneamento e o abastecemento. “Estamos moi satisfeitos co traballo feito e de como está a ser o resultado”, afirma.

Orixes

A contorna de Ermelo conta cunha gran importancia histórica, xa que albergou un mosteiro no século X. A igrexa do templo foi reedificada en 1104, tal e como sinala unha lousa interior, que á vez apunta ao arcebispo Xelmírez como restaurador. A construción actual é de 1774, de estilo barroco. Aínda así, consérvanse algúns restos da igrexa prerrománica previa á reedificación de 1104, como un modillón incrustado na parede da sancristía.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...