O ilusionista galego Samuel Moreno, semifinalista do programa Got Talent, abraiou onte ao público bueués durante a súa actuación no Centro Social do Mar. Fíxoo ante a atenta mirada do alumnado dos centros bueueses,que se sorprendeu cos diversos números de Moreno.
A cita comezou ás 12 horas e o ilusionista deixou claro no escenario o seu estilo de maxia, que desde a organización definen como “moderna, fresca e xuvenil”, sendo así unha combinación idónea para o público de onte. Tampouco faltou a participación dalgúns dos rapaces e rapazas durante os trucos.
Samuel Moreno participou en numerosos festivais de maxia en cidades de todo o país e conquistou ao xurado de Got Talent co seu espectáculo “Why not?”. A actuación de onte enmárcase dentro do festival“GaliciaIlusiona”, que xa suma máis de 220 espectáculos na comunidade.