A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) vén de informar de que onte apareceu morta unha tartaruga verde xuvenil en Bueu. Trátase dunha especie considerada en perigo a nivel mundial e da en Galicia só existen quince rexistros, indican desde Cemma.
Desde a coordinadora agradecen tamén o aviso recibido pola Confraría de Pescadores de Bueu.