“Todo arde” é a nova novela do escritor Juan Gómez-Jurado e que mañá presentará na vila nun evento organizado por Libraría Miranda. Será nun acto no Centro Social do Mar, a partir das 19.00 horas e para o que xa se colocou o cartel de “aforo completo” desde fai catro días.
Esta cita enmárcase dentro da primeira xira que Juan Gómez-Jurado está facendo por cidades de toda España para presentar a novela. Bilbao, Barcelona ou Valencia son algúns dos lugares cos que comparte cartel Bueu, grazas á relación que o escritor mantén coa vila. Na presentación estará tamén acompañado polo escritor Manel Loureiro.
Juan Gómez-Jurado é xornalista e autor de varias novelas de gran éxito como “Reina Roja”, “Loba Negra” ou “Rey Blanco”, con máis dun millón de exemplares vendidos. O seu novo thriller, “Todo arde” narra a historia de tres mulleres que o perderon todo e que se “atreven a facer todo o que os demais só nos atrevemos a imaxinar”. Ademais, o escritor está inmerso na gravación da serie baseada na súa exitosa novela “Reina roja”.