InicioPOLÍTICAO PP critica o retraso das convocatorias de axudas culturais e deportivas

O PP critica o retraso das convocatorias de axudas culturais e deportivas

Publicado o

“Unha nova mostra da falta de interese do goberno local bipartito pola nosa cultura e deporte”. Así catalogou a voceira do PP, Elena Estévez, a convocatoria das axudas culturais e a concesión das deportivas correspondentes aos anos 2020 e 2021. Á vez, a popular repróchalle a Juncal que “pretenda vender como un éxito convocar axudas con dous anos de retraso”.

Neste sentido, Estévez recorda que o PP impulsou unha proposta aos orzamentos do 2021 para que as axudas aos clubs e colectivos sexan aboadas antes do mes de abril. “Félix Juncal decidiu opoñerse a esta medida e seguir centrándose en construír un discurso baseado en vender fume”, sinala.

A voceira do PP, Elena Estévez, durante un pleno da corporación.

Desde o PP lembran que os dous últimos anos foron especialmente difíciles para os colectivos a causa da pandemia. “Non poden seguir sufrindo os retrasos dun goberno ineficaz que non sabe xestionar os fondos públicos e que non convoca ata finais de 202 as axudas do 2020 e 2021”, critica.

Así, Estévez afirma que na vila existen dous modelos contrapostos de facer cultura e deporte. “O duns colectivos que traballan na resistencia, tentando facer actividades cos poucos recursos que teñen ao seu dispor, e o dun goberno que os asfixia todos os anos, sen repartir as contías pírricas que lles destina”, conclúe.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...