InicioCULTURA"Bueu e a fala: o galego 3.0", unhas xornadas sobre o emprego...

“Bueu e a fala: o galego 3.0”, unhas xornadas sobre o emprego do galego nos novos medios

Publicado o

Xornal de Bueu participará este venres nunha mesa redonda sobre o emprego do galego na rede

Reflexionar sobre o emprego do galego nas redes sociais e nos novos medios. Este é o obxectivo das xornadas “Bueu e a fala: o galego 3.0“, que o Concello de Bueu promove esta fin de semana grazas ao apoio económico da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra. O programa celébrase do venres 7 ao domingo 9 e inclúe coloquios, presentación de proxectos, mesas redondas ou exposicións. Destaca tamén a iniciativa “Mergullándonos no Tiktok”, que premiará vídeos en galego.

As xornadas comezarán o venres no Centro Social do Mar con dous eventos para poñer a lingua en valor e reivindicar a súa potencia para a creación de contidos. O presidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, abrirá a tarde cun coloquio sobre a campaña realizada para acadar a presenza do galego nas plataformas audiovisuais. Tras isto, ás 19.00 horas, terá lugar unha mesa redonda na que participarán as persoas creadoras de tres experiencias de éxito na rede dende o galego, como GZ Música, Orgullo Galego e Xornal de Bueu.

O sábado a programación xirará arredor do mundo dos videoxogos e o seu auxe en Galicia. As actividades comezarán cun coloquio ás 11.00 horas sobre a experiencia do Museo do Videoxogo de Cangas e continuarán coa inauguración, ás 11.45 horas, dunha exposición da historia do videoxogo en galego na Sala Domínguez Búa. Tras isto, ás 12.30 horas, celebrarase unha mesa redonda sobre o galego nos videoxogos coa participación de Luz Castro, de Videoxogo.gal; Carlos Pereiro, da revista Morcego; Carlos Vieito, de A Mesa pola Normalización Lingüística e Inés Miras, de Grimorio of Games.

A tarde proseguirá cun coloquio ás 16.00 horas sobre a interxeracionalidade no videoxogo galego Avoo, da empresa Iseltec. Para rematar, haberá un obradoiro arredor deste xogo e no que cativada e adultos poderán poñer en práctica os beneficios deste videoxogo que explora, en galego, a cultura e identidade de Galicia.

Premio ao uso do galego en TikTok

Unha das principais novidades destas xornadas chega coa celebración do primeiro certame “Mergullándonos no TikTok” e que persegue promocionar o uso do galego nunha rede social tan empregada como TikTok.

@concellodebueu

1º Certame Mergullándonos no TikTok 🌊🎬 Crea un vídeo en galego e participa ata o 7 de outubro. 📍 Bases completas: https://cutt.ly/CV95W2D

♬ sonido original – Concello de Bueu

No concurso poderán participar persoas maiores de 18 anos e deberán subir un vídeo a TikTok de temática libre no que empreguen o galego, etiquetando a @Concellodebueu e incluíndo o cancelo #SeVouATikTok. O prazo remata este venres ás 23.59 horas e haberá tres gañadores que recibirán un “kit tiktoker” na gala de premios do domingo pola tarde. O xurado do certame está conformado por tres recoñecidas creadoras de contido na rede, Sara Seco (@sarasecorial), María Rúa (@pradorua) e Malva (@todomal.va).

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...