InicioPATRIMONIOAbre o prazo de licitación da primeira fase da Sala do Bueu...

Abre o prazo de licitación da primeira fase da Sala do Bueu Romano

Publicado o

O Concello de Bueu vén de abrir o prazo de licitación para o acondicionamento dun local para destinar a Sala de Interpretación do Bueu Romano. As empresas interesadas deben presentar as ofertas económicas antes do 31 de outubro e o orzamento de licitación ascende a 200.477 euros.

As obras, que se financian a través do convenio asinado entre o Concello e a Consellería de Cultura da Xunta, forman parte da primeira fase e inclúen o acondicionamento dun local en Pescadoira, de propiedade municipal, como Sala de Interpretación do Bueu Romano. Precisamente, o obxectivo é a posta en valor dos restos arqueolóxicos atopados nesa zona, detectando a existencia de dous xacementos arqueolóxicos da época romana.

A intervención, tal e como e sinala o informe, vén xustificada pola necesidade de recuperar o patrimonio vinculado á historia mariñeira da vila, completando a oferta museística. Así, perséguese realizar un percorrido cronolóxico da historia da pesca bueuesa e que comezaría na Sala do Bueu Romano e chegaría a puntos como a Salgadura de Mourisca, o Estaleiro de Purro ou o Museo Massó.

A empresa adxudicataria deberá acometer nun prazo de seis meses diversas actuacións como a execución do cerramento exterior, a pavimentación e divisións interiores, o alumeado, a carpintaría ou o equipamento de mobiliario, entre outras.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...