InicioPOLÍTICAO Concello destina 60.000 euros ás subvencións culturais

O Concello destina 60.000 euros ás subvencións culturais

Publicado o

Despois das subvencións deportivas, o Concello vén de abrir o prazo agora para a solicitude das subvencións destinadas a promover e fomentar actividades culturais e escolas de música nos anos 2020 e 2021.

O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 2 de novembro e deberán presentarse unicamente a través da Sede Electrónica, xunto á documentación requirida e detallada nas bases. En total, o Concello destinará 60.000 euros ás subvencións culturais, dos que 50.000 serán para actividades e 10.000 euros para gastos de funcionamento.

Unha reunión anterior cos colectivos culturais. Imaxe: Concello.

Para poder solicitar estas subvencións, os colectivos deben estar inscritos no rexistro de asociacións ou en trámites, carecer de fins de lucro, ter o domicilio social en Bueu e desenvolver as súas actividades no seu ámbito territorial, entre outros requisitos.

Entre os criterios que se teñen en conta para a concesión das axudas figuran o impacto e alcance das actividades, o fomento da igualdade, a promoción da lingua galega, a duración do programa e as edicións do mesmo.

80.000 euros nas subvencións deportivas

Na mesma liña, o Concello resolveu a semana pasada as axudas a entidades e clubs deportivos para as anualidades 2020 e 2021. Neste caso existían dúas liñas de subvencións, unha para as actividades desenvoltas polas entidades deportivas e outra para gastos de desprazamento.

Na primeira liña do 2020 encabeza as axudas o Bueu Atlético Balonmán con 7.870 euros, seguido do Club do Mar de Bueu con 5.155 euros e o Club Deportivo Bueu con 5.021 euros. O resto de destinatarios foron a Agrupación Deportiva F.S Bueu (4.241 euros), Club SSIU (4.145 euros), Cultural Deportiva de Beluso (3.202 euros), Club de Xadrez (1.828 euros), Clube de Loita do Morrazo (1.397 euros) e Club Corredoiras (962 euros). Na segunda liña desa anualidade só recibiron axuda o Bueu Atlético Balonmán con 3.571 euros e o Club do Mar Bueu con 1.428 euros.

No caso das subvencións do 2021, o reparto destina 6.842 euros ao Bueu Atlético Balonmán, 6.241 euros ao Club do Mar de Bueu e 5.123 euros ao Club Deportivo Bueu. Completan a lista a Agrupación Deportiva F.S Bueu (4.327 euros), Cultural Deportiva Beluso (3.267 euros), Club Buceo Ons (2.530 euros), Club de Loita do Morrazo (2.280 euros), Escola Fútbol Base de Beluso (1.196 euros), Club SSIU (1.626 euros), Club Corredoiras (801 euros), Club Galaicas (385 euros) e Club de Xadrez (376 euros). Na segunda liña o Bueu Atlético Balonmán recibe 3.125 euros e o Club do Mar 1.875 euros.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...