InicioMEDIO AMBIENTEBueu recolle as bandeiras azuis no acto de entrega na praia de...

Bueu recolle as bandeiras azuis no acto de entrega na praia de Loira

Publicado o

Bueu xa ten as bandeiras azuis que ondearán este verán no municipio. A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Silvia Carballo, recolleu esta mañá as bandeiras azuis davila, que este ano conseguiron as praias da Banda do Río, Portomaior, Lapamán, Area de Bon e Lagos. Tamén recibiu os distintivos azuis da Aula de Natureza de Cabo Udra, o Centro de Interpretación de Agrelo e o Sendeiro de Udra.

No centro da imaxe, a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Silvia Carballo, recollendo esta mañá as bandeiras azuis da vila. Imaxe: Concello.

O acto celebrouse esta mañá na praia marinense de Loira, onde se fixo entrega das 166 bandeiras azuis que ondearán este verán en Galicia, once máis que o ano pasado. Acudiron representantes de concellos de toda a comunidade, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez e o presidente da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), José Palacios.

Rueda sinalou que as bandeiras azuis supoñen un recoñecemento ao compromiso co patrimonio natural e á aposta polo turismos ostible e de calidade. “Non é fácil xestionar cada ano o aluvión de visitantes co rigor e a calidade da que facedes gala”, indicou.

Pola súa parte, o Concello de Bueu logrou manter esta tempada as bandeiras azuis habituais á vez que sumou por primeira vez na historia, a bandeira azul para a praia da Banda do Río. “O areal partía duns niveis altísimos de contaminación, que logramos erradicar grazas ás políticas implementadas na última década por este goberno”, sinalan Félix Juncal e Silvia Carballo. Xa o verán pasado, o Concello puxo en marcha o servizo de socorrismo así como a instalación de aseos autolimpables. Tamén contempla unha mellora para o fomento da accesibilidade e a inclusión na zona.

resentantes dos concellos do Morrazo esta mañá na recollida das bandeiras azuis xunto ao presidente de ADEAC. Imaxe: Concello.

O distintivo concedido por ADEAC ten en conta valores como a calidade das augas, a información e educación ambiental, a seguridade ou os servizos e instalacións. “Que poidamos izar unha bandeira azul no principal areal urbano de Bueu supoñía no seu momento unha utopía e agora é un soño cumprido”, explica Juncal, que alude a obras como a renovación das infraestruturas na desembocadura do río, a renovación dos colectores ou a instalación dun sistema para previr os desbordamentos.

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Silvia Carballo, que recolleu esta mañá as bandeiras azuis, indica que “son unha garantía de que nas praias se cumpren determinados parámetros medioambientais, de limpeza e de servizos como o socorrismo” .

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...