InicioMEDIO AMBIENTEA Xunta e os municipios da conca do Lérez acordan reducir o...

A Xunta e os municipios da conca do Lérez acordan reducir o consumo de auga

Publicado o

Onte tivo lugar unha xuntanza urxente entre a Xunta e os municipios que abastece a conca do Lérez para afrontar o escenario actual, con prealerta por escaseza de auga, así como a situación futura. No encontro participaron a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez e a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez. Tamén estivo presente o rexedor bueués, Félix Juncal, xa que a vila abastécese da conca do Lérez.

Vázquez explicou que a situación é“complexa e preocupante”xa que este sistema se abastece, fundamentalmente, do caudal circulante do río e non existen grandes reservas de auga encorada. Só consta o encoro do Pontillón que garantirí un consumo reducido durante un máximo de 14días.

Reunión entre os municipios da conca do Lérez e a Xunta.

O sistema de abastecemento do Lérez agravouse especialmente ante as elevadas temperaturas rexistradas e a falta prolongada de chuvia. Deste xeito, o caudal do río se reduciu dun xeito abrupto desde inicios de mes, cunha diminución do 73% en menos de 20 días.Os datos medios reflicten que o caudal segue a ser moi baixo, do 1,7 m3/s e de non adoptar medidas podería verse comprometido o subministro.

Coordinación nas medidas

Bueu xa publicou o martes un bando con diferentes medidas e recomendacións, como a limitación nos baldeos e nas duchas dos areais. Na reunión de onte houbo tamén consenso entre os municipios para restrinxir ao máximo o uso innecesario de auga.

Acordouse que é imprescindible suprimir baldeos, regas de xardíns, lavapés e duchas nas praias, enchido de piscinas, lavado de coches, fontes ornamentais e actividades lúdicas que malgasten a auga.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...