InicioMEDIO AMBIENTEA limpeza simultánea de areais recolle 37 quilos de lixo en Ancoradouro...

A limpeza simultánea de areais recolle 37 quilos de lixo en Ancoradouro e Mourisca

Publicado o

As praias de Ancoradouro e Mourisca, na zona de Cabo Udra, foron o obxectivo da limpeza organizada o venres pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza(ADEGA). O grupo de persoas voluntarias que participaron na actividade recolleron un total de 37quilos, sen ter en conta a mostra de microplásticos.

O grupo de persoas voluntarias ao remate da limpeza.

A actividade, que estivo coordinada por Rubén Pita e estendeuse durante toda a tarde do venres, contou coa participación de doce persoas. Á vez que se fixo a recollida de lixo, tamén se realizou unha mostra de microplásticos cuxos resultados se coñecerán proximamente e que indicará a cantidade de partículas de plástico aproximadas que se poden atopar en ambos areais. Desde a organización destacan tamén a gran cantidade de cabichas recollidas.

Desde ADEGA sinalan que o principal obxectivo destas iniciativas, que se realizaron de xeito simultáneo en varios areais galegos, é a concienciación. Recordan que cada ano dez millóns de toneladas de lixo rematan nos océanos e unha gran cantidade procede dos fogares.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...