Bueu reivindicou onte a diversidade grazas á organización do primeiro evento da asociación Codimo (Colectivo Diverso do Morrazo) na vila. Este pioneiro encontrol iterario LGTBIQA+ gozou dun amplo éxito, pois a terraza do Aturuxo encheuse depreto de duascentas persoas, que se deron cita para escoitar o recital poético.
Arancha Nogueira, Sica Romero, Míriam Ferradáns, Lara Dopazo, Andrea Nunes, Samuel Merino & Fernán Permuy, Nico Elsker, Silvia Penas e Alberte Bello foron as artistas encargadas de encher o lugar de versos e diversidade, recitando desde o escenario da terraza. O evento tivo como mestra de cerimonias a Meiga-ie tamén tiña previsto incluír un micrófono aberto e outras vertentes artísticas como unha performance teatral.
Codimo, o primeiro colectivo LGTBIQ+ do Morrazo, naceu tralo asasinato de Samuel Luiz o pasado verán. A súa actividade foise estendendo e xa teñen organizado concentracións e actividades nos centros educativos. Agora, con este primeiro encontro literario poñen de relevancia a importancia de reivindicar a diversidade desde as vertentes artísticas, así como a visibilidade e creación de espazos seguros para o colectivo no Morrazo.
*Imaxes do artigo cedidas por D.C.