InicioSOCIEDADERecoñecemento a unha tempada histórica do Club do Mar Bueu

Recoñecemento a unha tempada histórica do Club do Mar Bueu

Publicado o

Un recibimento á altura da tempada histórica que o Club do Mar de Bueu vén de rematar. Así se pode definir o acto celebrado esta tarde nas inmediacións do Concello, onde máis dun cento de bueueses mostraron o seu apoio e agradecemento tanto aos remeiros como ao equipo directivo e membros do club. Fixérono ante a tempada máis brillante da súa traxectoria e que finalizou o pasado domingo tras acadar o terceiro posto no play off de ascenso á Liga ACTe quedar ás portas da promoción.

Homenaxe ao Club do Mar Bueu esta tarde.

O equipo e membros do club foron recibidos pola corporación municipal diante da casa consistorial, en cuxo balcón ondeaban todas as bandeiras conseguidas polo equipo. O alcalde da vila, Félix Juncal, interveu para presentar esta homenaxe e apuntou a que os deportistas “tiveron un comportamento exemplar, deixando o nome de Bueu en moi bo lugar“. Juncal agradeceu tamén o traballo e compromisodo Club do Mar Bueu así como a todo o deporte da vila.

A continuación tomou a palabra o presidente do club,Manuel Juncal,que afirmou sentirse orgulloso tanto dos remeiros como da afección e da súa participación. “Imos intentar seguir mellorando ano a ano con ilusión“, concluíu, á vez que agradeceu o traballo do adestrador, José Ferral.

Os”seareiros“, tal e como se denominan os afeccionados do club, lograron sorprenderaos homenaxeados. Desde a praza realizaron diferentes intervencións e na primeira delas non dubidaron en lanzaruns”vivas”, tanto ao club, á directiva, ao adestrador e a cada un dos remeiros como á rapazada das escolas deportivas e ao deporte local da vila.

Tras isto, os alí congregados interpretaron a canción popular“Oandarmiudiño”, onde fixeron un xogo de palabras para cantar “MiraMaruxía,mira”, aludindo ao club bueués. Seguiuna a tradicional “ARianxeira”, esta vez dedicada ao remeiro Ismael Lijó, natural de Rianxo. A homenaxe rematou cun unánimeaplausoeunhafotografíacoaafección, que quixo despedirse dos deportistas cun corredor.

O Club do Mar Bueu vén de vivir unha tempada histórica na que acadou fitos como ser campións de España de Traiñeiras e participarpor primeira vez na clasificatoria da prestixiosa regata da Concha. O equipo tamén logrou o segundo posto na Liga Galega de Traiñeiras, despois de conseguir dominala ata as últimas xornadas. O último dos éxitos foi o terceiro posto no playoff de ascenso á Liga ACT, onde demostraron ter amplas posibilidade de promocionar. A vindeira tempada o club terá o reto de consolidar un proxecto que cada vez entusiasma a máis bueueses.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...