InicioSOCIEDADEMagosto e bailes para persoas maiores nas Xornadas de Convivencia

Magosto e bailes para persoas maiores nas Xornadas de Convivencia

Publicado o

O Concello dá continuidade este mes ás Xornadas de Convivencia e programa actuacións de bailes para persoas maioresasí como un magosto. Os bailes celebraranse os vindeiros domingos entre as 19.00 e as 21.00 horas no Centro Social o Mar.Precisamente, alí tivo lugar a presentación do programa coa participación do edil de Cultura, Xosé Leal; a concelleira de Benestar Social, Ana Isabel Otero; o alcalde, Félix Juncal e José Cabanelas e Israel Otero, da directiva do Club de Pensionistas e Xubilados Vila de Bueu, que colabora co evento.

Os bailes comezarán este domingo 16 coa actuación de Dúo Latino e continuarán o 23 con Amistad, o día 30 con Distrito 7 e o 6 de novembro con La Rosa. Ademais, tamén está previsto organizar un magosto arredor da festividade de San Martiño.

Presentación das actividades onte no Centro Social do Mar. Imaxe: Concello.

Estas actividades perseguen ofrecer alternativas de lecer e de hábitos saudables para a poboación da terceira idade. En ocasións anteriores xa se celebraron coloquios dos obradoiros de memoria, xogos populares e actuacións musicais. “O obxectivo é fomentar políticas sociais activas para o conxunto da cidadanía”, indican desde o goberno local.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...