InicioSOCIEDADEGalaicas organiza a primeira "Milla pola igualdade" este 8M

Galaicas organiza a primeira “Milla pola igualdade” este 8M

Publicado o

Á programación xa anunciada para este 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, súmase agora un evento desde o ámbito deportivo. O club Galaicas Bueu, coa colaboración do Concello, organiza este mércores a primeira “Mila pola igualdade” en Bueu para visibilizar a loita pola igualdade.

O evento, que mesturará zumba e carreira, comezará ás 19.30 horas no Centro Social do Mar cunha sesión de zumba de corenta e cinco minutos. Así, ás 20.30 horas terá saída a carreira desde o Concello, cun percorrido de 1.6 quilómetros, para finalizar cun pequeno avituallamento e unha entrega de agasallos para varias das participantes.

Entrega de dorsais e camisetas para a Milla Pola Igualdade. Imaxe: Galaicas.

Ante o alto número de participación, pois xa hai máis de 200 persoas inscritas, faranse dous grupos ofrecendo dúas quendas para a actividade de zumba e compartindo a saída da Milla co número total de inscritas. A elección da queda será na entrega de dorsais en Melson Sport, días previos ao evento.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...