O PP de Bueu vén de anunciar unha nova iniciativa baixo o nome “Un café con Elena” e que persegue “escoitar personalizadamente aos veciños de Bueu”. A candidata á alcaldía de Bueu estará a mañá deste xoves ao carón da Praza de Abastos e do Centro Social do Mar, de 10.30 a 13.00 horas. “Ofrézolle a todos os veciños tomarse un café comigo, para falar dos problemas da vila e do futuro que desexan”, afirma.
“Tal e como levamos facendo durante todo o mandato, calquera veciño poderá poñerse en contacto directo a través das redes sociais do PP para concretar un encontro“, engade Estévez, á vez que explica que xa está a ter contactos cos colectivos da vila. “Despois do 28 de maio, se a veciñanza confía en min e no meu equipo, quero facer da escoita e do trato persoal un dos elementos diferenciadores do meu mandato”, conclúe.