InicioMEDIO AMBIENTEComeza a campaña de control da velutina co reparto de trampas á...

Comeza a campaña de control da velutina co reparto de trampas á veciñanza

Publicado o

Os actos, nos que se repartirá material para as trampas, serán entre finais de febreiro e comezos de marzo nas tres parroquias

O Concello de Bueu e Asociación Galega de Apicultura retoman un ano máis a colaboración anual para loitar contra a vespa velutina. Como xa vén sendo habitual, haberá actos públicos nas tres parroquias para repartir material á veciñanza, tanto para as trampas instaladas ata este ano así como para outras novas.

Os encontros comezarán o 27 de febreiro na Casa do Pobo de Beluso e continuarán o día 28 na Casa da Aldea de Meiro, o 2 de marzo no Centro Sociocultural de Cela e o 3 de marzo no Centro Social do Mar. Todos os actos serán ás 20.30 horas e desde o colectivo de apicultores inciden na necesidade de que a cidadanía se conciencie e inicie a colocación de trampas para evitar a proliferación de niños. Ademais, para recoller o material recoméndase levar unha bolsa para evitar o uso innecesario de plástico.

Reparto de trampas nun dos actos da anterior campaña de control da velutina. Imaxe: Concello.

Os obxectivos desta campaña pasan por diferenciar a vespa velutina da vespa crabo (un insecto autóctono), estudar os medios empregados no control da velutina e analizar os tipos de trampas, así como o seu reparto

O edil de Medio Ambiente, Xosé Leal, anima á veciñanza a participar un ano máis neste programa. “Está demostrando que as trampas reducen nunha ampla proporción a proliferación de niños, por iso temos que incidir na prevención máis ca na retirada”, sinala.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...