A Asociación Ecoloxista Anduxía, en colaboración co Cineclub Bueu e o Concello, organiza este venres unha proxección sobre o prestige. A peza audiovisual, que se poderá ver ás 19.00 horas no Centro Social do Mar, céntrase no labor das persoas voluntarias na loita contra o chapapote en Ons.
O pasado mes de novembro cumpríronse 20 anos do desastre ecolóxico que encheu de chapapote a costa galega e que tamén tivo a súa incidencia na vila, especialmente na illa de Ons. Así, a peza, que terá unha duración de 20 minutos, tamén abordará o traballo desde o peirao de Bueu, desde os propios barcos ou a construción de barreiras.
Trala proxección, está programado un coloquio a cargo da oceanógrafa Susana Bastón e que versará sobre as consecuencias do prestige na ciencia.