InicioCULTURAO Festival Art For Change prepara a súa segunda edición

O Festival Art For Change prepara a súa segunda edición

Publicado o

O evento solidario e artístico, que o ano pasado recadou máis de dous mil euros, será o 29 de abril

Trala boa acollida da súa primeira edición, o alumnado de 1º de Bacharelato e o profesorado do IES Johan Carballeira xa preparan o segundo Festival solidario e artístico Art For Change. O encontro terá lugar o 29 de abril cunha dinámica semellante á do ano pasado, na que a través dos postos de venda con produtos feitos polo alumnado conseguiron recadar 2.362 euros para as asociacións BDRI e Paiasos Sen Fronteiras.

Reunión do alumnado co edil de Ensino e Cultura, Xosé Leal. Imaxe: Concello.

Os alumnos e alumnas organizadores mantiveron esta semana unha reunión co edil de Ensino e Cultura, Xosé Leal, xa que o Concello colabora na organización do evento. Tal e como explicaron neste encontro, o importe recadado na feira deste ano será para a asociación galega 13 GRADOS, dedicada á divulgación e conservación do medio mariño, e para a ONG Save the Children, que se centra nas necesidades dos nenos e das nenas.

Desde o IES Johan Carballeira volverán convidar aos centros do municipio e da contorna para que se unan á iniciativa. Poderán participar de múltiples maneiras, realizando desde actuacións musicais ou representacións teatrais ata coa instalación de postos de arte ou ciencia, así como con obradoiros.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...