InicioSOCIEDADEPremios á dinamización do Nadal nas redes sociais

Premios á dinamización do Nadal nas redes sociais

Publicado o

O primeiro certame #BueuTenPremio, que perseguía promocionar os establecementos locais no Nadal, xa ten gañadores. Os vídeos galardoados foron os realizados por Fe de Ratos e pola Anpa Alborada do Colexio Virxe Milagrosa a través de TikTok e nos que aportaron a súa visión sobre os espazos públicos no Nadal.

Entrega de premios onte ás persoas gañadoras do concurso. Imaxe: Concello.

Os premios do concurso, organizado polo Concello coa colaboración de FECIMO e da Asociación Veciñal da Banda do Río, foron entregados onte pola concelleira de Promoción Económica e Turismo, Silvia Carballo. As persoas galardoadas conseguiron unha tarxeta para consumir no comercio local cun importe de 100 euros.

Este certame procurou a promoción e o fomento do consumo nos establecementos locais a través das redes sociais, ao consideralo unha forma dinámica de chegar a un maior número de persoas.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...