InicioUncategorizedOpinión| Un grito de atención aos que pechan os ollos ante a...

Opinión| Un grito de atención aos que pechan os ollos ante a situación das auxiliares de domicilios

Publicado o

Un pequeno grito de atención para todas aquelas persoas que pechan os ollos ante a situación que viven as auxiliares de domicilios e os usuarios de dito servizo

Artigo de Rosa María Cruz Martínez

Escribo estas liñas para que autoridades institucionais, altos cargos políticos, aqueles que fan leis sen saber a realidade de todas as cousas que promulgan(para gañar votos) incluso a poboación que pecha os ollos ante situacións de vulnerabilidade porque a eles aínda non lles tocou. Falo desde a miña experiencia xa que levo 14 anos en auxiliar de domicilios. Naqueles anos pedíasenos como mínimo unha preparación de horas de curso, logo a Xunta pedía que obtiveramos o certificado de profesionalidade para traballar neste sector.

Segundo ía traballando, observando a cantidade de axuda que necesitaba esta xente, máis me gustaba traballar neste mundo. Decidín sacarme a titulación de técnico en atención en persoas en situación de dependencia para estar máis preparada no sector e poder avanzar profesionalmente, podendo axudar da mellor maneira a todas estas persoas en situación de vulnerabilidade.

Nestes momentos estou a piques de tirar a toalla. O servizo en domicilio vai en declive e xa dá igual se es profesional, se tes experiencia… Agora calquera vale. Había tarefas que non se podían realizar e agora xa hai que facer de todo.

Convido a políticos, autoridades, traballadores sociais e demais persoas que teñan algún tipo de humanidade a acompañarme un día nos domicilios e verán: soidade, tristeza, dificultades e máis cousas que mellor nin falar. O que queira pechar os ollos que o faga. Pero calquera pode estar nesa situación de vulnerabilidade.

Estamos a vivir nunha sociedade na cal os fillos teñen que ir traballar e non poden atender aos seus pais. Polo menos darlles a tranquilidade de ter un servizo no cal confiar, un servizo en casa, no seu ámbito, onde se atopan seguros e cómodos, sen ter que deixalos nunha residencia na que son tratados como un número máis. Loitaron tanto para isto? Onde quedaron os valores das persoas? Estás letras quedarán en saco roto, pero necesitaba plasmar a miña frustración ante a situación.

Srs/as quedóuselles un pouco grande a lei de dependencia. Nin sequera moléstanse en ver que isto se desborda nin en buscar unha solución para mellorar o sector para estas persoas en situación vulnerable.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...