No escrito de acusación relátase que cando o acusado foi detido confiscáronlle nun rexistro do seu domicilio uns dous quilos cocaína valorada en 170.000 euros e catro quilos de resina de cannabis.
A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou este martes a un veciño de Bueu a unha pena de cinco anos de prisión como autor dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de tráfico de drogas, por traficar con cocaína e haxix.
O xuízo resolveuse mediante un acordo de conformidade en virtude do cal o acusado recoñeceu a autoría de todos os feitos polos que estaba acusado, polo que a Fiscalía rebaixoulle a súa petición de condena que inicialmente era de oito anos de cárcere e impónselle unha multa de 150.000 euros, sendo a petición inicial de de 680.000 euros de multa.
O representante do Ministerio Público tamén tivo en conta as atenuantes de colaboración coa xustiza e a adicción ás drogas do procesado no momento dos feitos.Ademais, o acusado, de 33 anos de idade, que permanece en prisión provisional desde o seu arresto o 4 decembro de 2021, poderá saír de prisión suspendéndose o resto da condena se demostra que está a se someter con éxito ao seu proceso de desintoxicación das drogas.
No escrito de acusación da Fiscalía relátase que cando o acusado foi detido pola Garda Civil confiscáronlle nun rexistro do seu domicilio uns dous quilos cocaína valorada en 170.000 euros e catro quilos de resina de cannabis valorada en 26.000 euros.Ademais, dispuña de efectos relacionados coa manipulación dos estupefacientes como unha envasadora ao baleiro ou unha báscula de precisión e tiña un cartafol con anotacións de nomes e números ademais de 6.000 euros en efectivo. A sentenza é firme e contra ela non cabe recurso.