InicioSOCIEDADEA bueuesa Raquel Álvarez recibe o Premio Sofía Novoa

A bueuesa Raquel Álvarez recibe o Premio Sofía Novoa

Publicado o

A bueuesa Raquel Álvarez recibiu esta tarde un dos galardóns dos Premios Sofía Novoa, que a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo entregan para recoñecer a integración da perspectiva de xénero nos Traballos de Fin de Grao e Fin de Máster.

Álvarez recibiu este galardón na modalidade de Traballos de Fin de Grao por “O traballo por proxectos e o álbum ilustrado para promover a igualdade de xénero en educación infantil”, unha intervención baseada na simbiose destes instrumentos e xéneros como metodoloxía idónea para abordar as cuestións de xénero e promover a igualdade en 5º de Educación Infantil.

A bueuesa Raquel Álvarez recibe o premio coa presidenta da Deputación, Carmela Silva. Imaxe: Depo.

En total distinguíronse seis traballos e a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, reivindicou a perspectiva de xénero no ámbito académico como un instrumento “fundamental para frear as desigualdades que sofren as mulleres”. Neste sentido, a presidenta lembrou a necesidade de “aumentar a porcentaxe de alumnas nas carreiras STEAM, onde seguen sendo minoría”.

Persoas premiadas nesta edición dos Premios Sofía Novoa. Imaxe: Depo.

Con estes premios, a Deputación tamén recoñece e visibiliza a figura histórica de Sofía Novoa, unha muller silenciada e esquecida nos libros, pedagoga cunha gran cultura e que loitou para que as mulleres ocupasen espazos públicos.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...