InicioECONOMÍAA Mancomunidade instalará seis puntos limpos de proximidade na comarca

A Mancomunidade instalará seis puntos limpos de proximidade na comarca

Publicado o

A cidadanía poderá depositar obxectos como tubos fluorescentes, baterías ou pilas

A Mancomunidade de Concellos do Morrazo instalará seis puntos limpos de proximidade para a recollida selectiva de residuos especiais de mediano e pequeno tamaño. Faino tras acadar unha subvención da Consellería de Medio Ambiente de 27.000 euros, da que o ente supramunicipal terá que achegar 9.114 euros para o financiamento da totalidade.

Así serán os puntos limpos de proximidade que se instalarán nos municipios. Imaxe: Mancomunidade.

Estes puntos de reciclaxe teñen diversos compartimentos para a recollida de residuos que carecen de sistemas de ordinarios de recollida, reforzando o servizo do Punto Limpo. A cidadanía poderá depositar neles obxectos como tubos fluorescentes, pilas e baterías, cartuchos de tinta, disolventes, lámpadas, pinturas, CD e DVD ou cápsulas de café. Eses residuos serán enviados posteriormente ao Punto Limpo da Mancomunidade, situado xunto ao polígono de Castiñeiras.

Os puntos limpos de proximidade situaranse na vía pública e está previsto que cada municipio conte con dous ao comezo do 2023. Tamén se recibiron unhas placas de lectura braille para que os colectores sexan accesibles para un maior número de persoas.

Placas de lectura braille para aumentar a accesibilidade. Imaxe: Mancomunidade.

Desde o ente supramunicipal destacan que o proxecto terá beneficios medioambientales e económicos, como o aumento dos ratios de recollida e xestión sostible, así como a redución dos gases de efecto invernadoiro.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...