InicioCULTURAO FICBUEU celebra o día máis curto do ano con proxeccións

O FICBUEU celebra o día máis curto do ano con proxeccións

Publicado o

Haberá dúas sesións de balde, unha para público familiar e outra para o adulto

O mércores 21 de decembro, solsticio de inverno e día con menos luminosidade, era a data máis sinalada da chamada Saturnalia, unha festividade romana na que se celebraba o fin dos días máis curtos do ano.

O FICBUEU retoma este decembro, coincidindo con esa data, unha actividade que xa levara a cabo en anos anteriores e na que se propoñen sesións de proxeccións para todas as idades no Centro Social do Mar. A iniciativa contribúe á difusión do formato curtametraxe sumándose aos obxectivos da campaña “El día más corto”, que promove a Coordinadora Nacional da Curtametraxe.

Público nunha das proxeccións do FICBUEU. Imaxe: FICBUEU.

As proxeccións serán con entrada de balde e a sesión en familia terá lugar ás 18.00 horas, mentres que a de público adulto comezará ás 20.00 horas. Serán curtametraxes de todo tipo e onde premiará o ton humorístico e festivo. Na sesión familiar a programación inclúe os filmes “The best orchestra in the world” (Australia), “Brotar” (España), “Merry,grandmas” (Rusia), “The little thief” (Reino Unido), “The bear who swallowed a fly” (Bélxica, Francia) e “Mondo domino” (Francia). Tamén se poderán ver as creacións realizadas polo alumnado do CEIP do Hío (“Carolina e o corvo de ás brancas”) e do CEIP A Pedra (“Oso atrapabolboretas”).

Para a sesión adulta, as curtas elixidas son “Handbook for a privileged european woman”, “The adventures of Gloria Scott”, “Ficciones”, “Reality” e “Ascenso”. Para asistir ao evento só será preciso retirar o convite no despacho de billetes do Centro Social, que estará aberto unha hora antes do evento. Ademais, a organización ofrecerá chocolate quente ao público que presente a súa entrada.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...