InicioCULTURAO SonRías Baixas, candidato a tres premios dos Iberian Festival Awards

O SonRías Baixas, candidato a tres premios dos Iberian Festival Awards

Publicado o

O SonRías Baixas ten posibilidades de alzarse por terceiro ano consecutivo cun galardón dos Iberian Festival Awards, uns premios que recoñecen o traballo da industria de festivais en España e Portugal. O festival bueués está nominado este ano en tres categorías, algunhas tan relevantes como a de Mellor Festival de Mediano Formato.

Momento no que Tanxugueiras recibiu o Sinxelo de Ouro no seu concerto noSonRías Baixas 2022. Imaxe: Óscar Corral.

O SonRías opta tamén a conseguir o galardón de Mellor Actuación en Directo de artistas de España e Portugal polo concerto das Tanxugueiras que tivo lugar o derradeiro día do evento e no que recibiron o Sinxelo de Ouro por “Terra”. As candidaturas complétanse coa categoría de Mellor Fotografía de Festival polo traballo fotográfico realizado por Rocío Cibes na súa cobertura do SonRías Baixas.

O festival recibiu na última edición destes premios o galardón á Mellor Estratexia de Comunicación e Marketing, logo de que no 2020 o codirector do evento e xerente de PlayPlan, Jordi Lauren, gañara o Premio á Excelencia. Os gañadores desta edición daranse a coñecer o vindeiro 15 de febreiro e o público xa pode votar a través da plataforma de votación.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...