O aviso produciuse ás 23.45 horas e non houbo feridos
O 112 Galicia rexistrou esta noite un incendio que afectou á parte superior dunha vivenda no lugar de Castrelo, na parroquia de Cela, e no que non houbo que lamentar danos persoais. Foi un particular o que comunicou os feitos ao 112 pasadas as 23.45 horas e solicitouse a colaboración dos Bombeiros do Morrazo, a Garda Civil e a Policía Local de Bueu.
Unha vez sofocado o incendio, os bombeiros fixeron balance dos desperfectos. O lume produciuse na parte superior da vivenda e propagouse a través da cheminea. Ardeu parte do teito e tamén se viron afectadas algunhas das vigas da cuberta.