InicioCULTURAO actor Miguel de Lira recibirá o Premio Cinema Galego do FICBUEU

O actor Miguel de Lira recibirá o Premio Cinema Galego do FICBUEU

Publicado o

O Premio Cinema Galego da 15ª edición do FICBUEU xa ten destinatario. Será o actor Miguel de Lira, que se une á lista de premiados dun galardón que cada ano recoñece a traxectoria na industria audiovisual galega de profesionais do sector. O galardoado, coñecido pola súa ampla traxectoria en cinema, televisión e teatro, recibirá o premio nun encontro no que será entrevistado polo xornalista e produtor Gaspar Broullón, dentro das actividades do FICBUEU.

Desde a organización do FICBUEU destacan “a súa prolífera traxectoria e o seu compromiso e dedicación por e para a cultura e a sociedade de Galicia” como factores que o levaron a facerse co Premio Cinema Galego.

O extenso percorrido profesional de Miguel de Lira comezou no mundo teatral, sendo membro fundador do grupo Chévere, no que traballa como director, actor e produtor desde 1986. Tres anos despois produciuse o salto á gran pantalla, debutando na TVG co programa de humor “Velaí…” e no cinema coa película “Urxa”.

Destaca tamén a súa participación en “Mareas vivas”, onde interpretou a Evaristo Currás, que se acabou convertendo nun dos personaxes favoritos do público.

A exitosa carreira do actor levouno a participar en series como “Pepe o inglés”, “Los hombres de Paco” ou “Matedro” e películas como “Entre bateas” ou “Eroski Paraíso”. Esta última tamén a interpretou en teatro, coa súa compañía Chévere.

Máis recentemente, o público puido ver a Miguel de Lira en filmes como “Cuñados”, de Toño López; “Ons”, de Alfonso Zarauza; “Dhogs”, de Andrés Goteira ou “A esmorga”, de Ignacio Vilar.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...