InicioPOLÍTICAO PP denuncia a "falta de limpeza" na contorna do CEIP A...

O PP denuncia a “falta de limpeza” na contorna do CEIP A Torre-Cela

Publicado o

“Un alcalde que faí oídos xordos ás peticións da veciñanza e pon unha venda nos ollos para non ver os problemas das parroquias”. Así se referiu o concelleiro do PP, Suso Piedras, á situación que, ao seu xuízo, viven as parroquias de Bueu. Neste sentido, tamén apunta ao caso concreto da pista deportiva de Cela. “Moi próxima ao CEIP A Torre-Cela e á rapazada que estuda alí e ao aparcadoiro dos autobuses”, explica Piedras.

Desde o PP sinalan que xa puxeron en coñecemento do rexedor o “gran número de cristais” que hai no chan do aparcadoiro e na contorna dos colectores. “O goberno local decidiu obviar o problema e non solucionalo”, afirma. Neste sentido, solicita que o Concello requira á empresa de recollida de vidro a limpeza da zona e subliña que as papeleiras da zona “rebordan desde hai tempo, sen que o goberno mande ás brigadas municipais”.

Deste xeito, Piedras cuestionou “a gran desatención de Juncal cara ás parroquias” así como a “súa falta de vontade de escoitar”. “É imprescindible que Bueu teña un goberno que escoite a todos os veciños, sen importar se son da principal rúa da vila ou dunha casa afastada”, conclúe.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...