InicioPOLÍTICAO PP critica a "falta de previsión" no mantemento das praias

O PP critica a “falta de previsión” no mantemento das praias

Publicado o

“A historia de nunca acabar”. Así definiu o concelleiro popular Suso Piedras o actual estado dos areais da vila, que cualificou como “abandonados por un goberno ao que ata o traballo de mantemento se lle fai bóla”. Para Piedras “carece de sentido” que a dez días de comezar a Semana Santa as praias presenten “un estado lamentable pola falta de atención do goberno”.

Entre as deficiencias ás que alude sinala o estado das varandas de madeiras e as beirarrúas de acceso ás praias. “Presentan unha imaxe terceiromundista”, explicou. Así, relacionou esta problemática “que temos ano si e ano tamén” coa “total e absoluta falta de interese do goberno local no turismo” e coa ausencia dunha política de planificación nos servizos municipais.

Ademais, o popular afondou na “carencia dunha política seria” para a conservación e mellora dos espazos públicos. “O desdén cara ás praias non vén tampouco motivado porque se dediquen esforzos cara o resto da vila, xa que Bueu presenta un aspecto moi deteriorado tanto nas parroquias como no centro todo o ano”, conclúe.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...