InicioSOCIEDADEA obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento...

A obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, co recheo de cemento na praia, “carece de permiso” de Costas

Publicado o

O Servicio Provincial de Costas de Pontevedra vén de confirmar a Anduxía que a obra de acceso ao peirao de pasaxeiros, impulsada por Portos de Galicia e que ocupa 80 metros cadrados da praia da Banda do Río, “carece da autorización pertinente” de Costas do Estado. Así o trasladou a Asociación ecoloxista de Bueu durante esta tarde.

Desde Anduxía entenden que esta ocupación da praia “non é autorizable” xa que a ocupación do dominio público só se pode xustificar para aquelas actuacións que pola súa natureza non poidan ter outra ubicación. “Algo que para nada se cumpre neste caso xa que existe firme portuario de sobra na zona colindante para realizar o acceso”, explican.

O colectivo sinala que as xustificacións que se ofrecen no proxecto, impulsado por Portos de Galicia, como evitar o lixo baixo unha posible pasarela ou preservar as prazas de estacionamento “non xustifican en ningún caso a ocupación do dominio público”. “E moito menos se pode dicir que reencher 80 metros cadrados de praia é para a mellora ambiental dos entornos urbanos, como di no proxecto”, conclúen.

Anduxía púxose en contacto co Servicio Provincial de Costas tras denunciar esta semana o recheo de 80 metros cadrados da praia da Banda do Río con cemento.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...