InicioSOCIEDADEDenuncian o recheo de cemento de 80 metros cadrados da praia da...

Denuncian o recheo de cemento de 80 metros cadrados da praia da Banda do Río nas obras de Portos

Publicado o

A asociación ecoloxista de Bueu Anduxía vén de expresar o seu “malestar e sorpresa” pola ocupación de 80 metros cadrados da praia da Banda do Río para a realización do acceso do peirao de pasaxeiros. Unha actuación a cargo de Portos de Galicia e enmarcada dentro das obras de mellora de accesibilidade da rúa Montero Ríos e do porto de pasaxeiros.

Desde o colectivo explican que a información da que dispoñían sinalaba que o acceso ao peirao sería cunha pasarela “en voladizo”, que respectaría a praia. “Porén, comprobamos que o primeiro tramo consiste nun recheo de cemento que lle come 80 metros cadrados ao areal”, sinalan.

Recheo de cemento na praia da Banda do Río dentro da actuación de Portos de Galicia / Anduxía.

Anduxía cualifica este suceso como “absurdo e inxustificado” e manifestan que o primeiro tramo podería transcorrer polo firme actual. “Bastaría con eliminar os escasos dez apartamentos que hai na zona, quedando un espazo amplo para os peóns”, apuntan.

AUTORIZACIÓN A COSTAS

Así, avanzan que se poñerán en contacto coa Delegación Provincial de Costas para coñecer si se expediu autorización para esa ocupación do dominio público.

Noutra liña, Anduxía exprésase sobre a modificación da área colindante ao pino anexo á zona da varada. “Bótase en falta unha ampliación maior da zona axardinada que rodea a árbore para favorecer que chegara máis auga da choiva ao mesmo”, sosteñen.

O colectivo púxose en contacto con Portos de Galicia para advertir de que se tomaran as máximas precaucións para que durante as obras non entrase en contacto o cemento coas raíces da árbore. “Algo que podería ser fatal para o mesmo”, sentencian.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...