InicioPOLÍTICAO PP cuestiona que o goberno "escurra o vulto e non arranxe"...

O PP cuestiona que o goberno “escurra o vulto e non arranxe” os problemas do pavillón de Bueu

Publicado o

“Unha mostra máis da decadencia e da falta de interese do BNG e de Félix Juncal nas instalacións deportivas”. Así cualificou a voceira do PP, Elena Estévez, a resposta do alcalde ante a súa pregunta “polas obras que se están a realizar no pavillón” de Bueu. “Non é procedente que un goberno afirme que as obras que se realizan en dependencias municipais son feitas polos clubs en vez de polo propio Concello”, sinala Estévez.

Nesta liña, a popular cuestionou “a clara falta de iniciativa de Juncal” ante as peticións dos colectivos deportivos. “Terminan así realizando as obras os propios colectivos en edificios públicos”, asegura Estévez, que pregunta polas consecuencias no caso dun accidente.

Así, a candidata popular alude á “necesidade urxente” de levar a cabo un cambio nas políticas municipais. Precisamente, fixo referencia a unha das liñas do programa de goberno que propoñerá para “impulsar” Bueu. Neste incluirá un plan de mantemento e mellora das infraestruturas municipais, a creación dunha canle de comunicación entre veciñanza e Concello e a supresión de barreiras arquitectónicas.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...