InicioUncategorizedContinúan as reivindicacións pola falta de pediatras e o Sergas anuncia a...

Continúan as reivindicacións pola falta de pediatras e o Sergas anuncia a colaboración “voluntaria” de seis especialistas

Publicado o

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés informou de que reorganizaron a cobertura das súas consultas de Pediatría do centro de saúde de Bueu, “tras alcanzar a xerencia a colaboración voluntaria de seis pediatras, que permitirá suplir as baixas dos dous especialistas titulares de Pediatría do centro”. Unha decisión que chega tras masivas protestas na localidade.

En concreto, durante o mes de marzo, unha das consultas cubrirase en horario de mañá (días 21, 22, 27 e 30 de marzo); mentres que a segunda das consultas prestará cobertura asistencial en horario de tarde, nos días 21, 23, 28 e 30.

Pola súa banda, desde o 1 de abril, unha das consultas atenderá a demanda asistencial, en horario de mañá, os días 5, 13, 19 e 25 de abril, pendente de engadir máis días de cobertura.

Destacan que, para reforzar a prestación sanitaria infantil, o centro de saúde ampliou o seu cadro de persoal cunha nova enfermeira para atender aos nenos de Bueu. Garántese a cobertura do programa Neno San, tanto por parte do pediatra, como por parte da enfermeira. Ademais, a asistencia das urxencias vitais será asumida polos médicos de familia do centro, tras ser vistas polo persoal de enfermaría pediátrica.

O DEPORTE CONTINÚA REIVINDICANDO SOLUCIÓNS

Mentres, a sociedade bueuesa segue pedindo solucións definitivas para a cobertura das prazas de pediatría. Onte mesmo, o pavillón Pablo Herbello acolleu unha votación simbólica, organizada polo Bueu Atlético Balonmán, onde cativos e cativas depositaron nunha urna papeletas nas que se podían ler mensaxes como “Queremos pediatras xa“. O Club do Mar Bueu Simei anunciou tamén que se suma ás reivindicacións xa que o club conta con remeiros e remeiras en idade infantil.

Rapaces e rapazas no acto simbólico que tivo lugar onte no Pavillón Pablo Herbello / Bueu Atlético Balonmán

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...