InicioSUCESOSTrasladado en UVI móbil un motorista tras un accidente na Banda do...

Trasladado en UVI móbil un motorista tras un accidente na Banda do Río

Publicado o

Un motorista foi trasladado nunha UVI móbil ao Hospital Montecelo de Pontevedra tras sufrir unha caída do moto e perder a conciencia en Bueu.

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu na Avenida Montero Ríos do municipio ás case 16,00 horas da tarde.

Nese momento, varias persoas contactaron coa central de emerxencias para pedir axuda urxente, dado que pensaban que o motorista estaba grave. Unha delas aseguraba que o condutor perdera a conciencia tras o golpe.

Con esta información, os xestores de emerxencias avisaron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos axentes de seguridade da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.

Finalmente, o equipo sanitario confirmou que o condutor da moto foi trasladado por unha UVI móbil ao Hospital de Montecelo.

ÚLTIMAS

O BNG demandará no Parlamento galego que a Xunta “se faga cargo” da renovación de Pazos Fontenla

A líder do Bloque, Ana Pontón, visitou onte Bueu para coñecer a situación das...

Cela recupera a Festa da Xuventude

A Asociación Xuventude de Cela vén de presentarse publicamente na súa vontade de recuperar...

Unha alfombra floral para reivindicar a paz

Bueu sumouse este Domingo de Ramos á petición global de paz lanzada por Infioritalia....

Meiro prepara o Encontro do Millo Corvo cunha programación “moi diversa”

Meiro acollerá do 14 ao 16 de abril a súa festa gastronómica por excelencia,...